O
Pazo da Escola atópase situado nun contorno rural, enmarcado,
ao mesmo tempo, por unha zona turística perfectamente recoñecida,
como é o Val Miñor. Este val constitúe unha amalgama
de lugares enormemente interesantes e de gran beleza, onde se mesturan
harmoniosamente praias de fina area con montes cheos de verde: a península
de Monteferro, co seu monumento aos mariñeiros, é unha
proba palpable desta conxugación.
En canto ao ámbito cultural, cómpre
destacar que o Pazo da Escola está situado nunha das parroquias
máis prolíficas do concello de Gondomar, onde as xentes
gozan dun carácter hospitalario e están sempre dispostas
a participar en calquera actividade que faga posible un progreso
no ámbito sociocultural e unha mellor convivencia veciñal,
así como cos visitantes que se acerquen pola parroquia de
Mañufe, o que fai que se sintan coma na súa casa.
Todo
isto fai que o Pazo da Escola, na parroquia de Mañufe, sexa
un lugar idóneo para que o visitante pase unas inesquecibles
vacacións.
|