Os ocos neste pazo presentan unhas dimensións
maiores ca na xeneralidade dos pazos similares; e no lateral
leste da ala norte presenta un gran brasón coas armas
dos Mendoza.
Toda o terreo está valado cun muro de dous metros de
alto aproximadamente. Polo lateral sur e lindeiro co camiño,
existen dúas portadas de acceso: unha de pequenas dimensións
e a segunda, que é a principal, situada á dereita
da anterior.
No exterior do edificio atopamos múltiples referencias
aos traballos agrícolas da época, mostra disto
é a peculiar eira de pedra para mallar o trigo e
outros cereais. Así mesmo, posúe un canizo
de xenerosas dimensións, cun reloxo de sol na parte
superior nun estado de conservación bastante aceptable.
Por último, cómpre comentar que este pazo
non posúe capela no seu interior (algo característico
neste tipo de edificacións), debido á proximidade
da igrexa parroquial, que se atopa xusto ao outro lado do
camiño.