| |
La
Casa  |
| |
| Cuartos |
| Todos os cuartos da casa levan un nome
diferente, cada un deles fai referencia a algúns dos barrios
máis significativos da parroquia de Mañufe. Os cuartos
teñen unha cor e unha decoración distinta que os converte
en únicos, ao igual que cada un dos barrios desta parroquia. |
|
|
|
Salón
- Recepción San Vicente
Este lugar débelle o seu nome ao santo patrón de Mañufe:
San Vicente. Un dos puntos neurálxicos é a recepción,
lugar no que coinciden os que chegan e os que se van. O pazo é
un lugar de descanso e recreo, onde sempre atoparás unha
persoa que te informe de todo canto necesitas saber. Aquí
mesmo, antiga bodega da casa, aínda se conserva o lagar,
lugar onde se elaboraba o viño.
|
|
|
|
Salón
- Comedor San Blas
A romaría de san Brais é unha das máis antigas
e coñecidas do Val Miñor. O tres de febreiro, veciños
do lugar e arredores acudían á igrexa de Mañufe
para pedirlle ao santo que intercedese por eles. As principais peticións
que se lle facían ao santo eran curar os males da gorxa.
Unha vez finalizada a misa, a xente adoitaba quedar polos arredores
para gozar das delicias que preparaban e traían en cestas
e celebraban así a festa en honra do santo. Hoxe en día,
cada tres de febreiro, séguese festexando esta romaría.
Por todo o anteriormente citado, este comedor bautizouse co nome
de San Brais, para que todo canto aconteza nel sexa unha auténtica
romaría gastronómica, onde saborear os pratos máis
típicos da zona.
Neste comedor sérvense tres comidas diarias —almorzo,
xantar e cea— para todas aquelas persoas aloxadas na casa.
O almorzo está composto, ademais de polo que habitualmente
se toma (leite, café, cacao...), por alimentos como zumes,
batidos, biscoitos, “boleardos” caseiros, mel caseiro,
marmeladas variadas, froitas caseiras (en temporada), etc. O xantar
e a cea compóñense dun primeiro e dun segundo prato,
sobremesa, bebida (auga, viño, refresco ou cervexa), pan
e café. Xeralmente, prepárase un menú caseiro,
feito especialmente para os nosos hóspedes e elaborado fundamentalmente
por pratos típicos da nosa gastronomía. O equipo de
cociña escolle e elabora un menú distinto para cada
día.
E, por suposto, se o menú non é do agrado do hóspede,
sempre poderá facer outra petición ou, se o prefire,
dirixirse ao noso restaurante exterior, onde poderá comer
e cear á carta.
|
|
|
|
Biblioteca
Tía Pepa
Este é o lugar máis auténtico da casa. Antigamente
era a cociña do pazo e mostra disto é a “lareira”
que aínda se conserva, e que lle proporciona á casa
ese ambiente tan acolledor.
Na actualidade, esta cociña converteuse nun lugar que incita
ao descanso e á lectura, pero, non obstante, quíxose
manter unha parte da súa orixe e, por iso, todo aquel que
o visite terá a posibilidade de repoñer forzas pola
tarde tomando unha infusión, un café, un refresco,
etc., que un mesmo poderá prepararse.
O nome da biblioteca, “a Tía Pepa”, vén
dunha muller que naceu nesta casa e que pasou a maior parte da súa
vida na cociña entre olas e pucheiros, un dos seus lugares
preferidos. As súas receitas aínda seguen vivas e
a súa paixón pola cociña transmitiuse á
actual xeración que compón a familia do Pazo da Escola.
|
|
|
|
Sala
de Música - San Sebastián
Aquí, un pode permanecer durante horas escoitando música
de todos os estilos e épocas. Este lugar, bautizado como
San Sebastián, débese a un santo venerado en Mañufe,
concretamente nunha capela do barrio que leva este mesmo nome. A
capela, situada nun monte, constitúe un excelente miradoiro
desde o que se poden apreciar as vistas que alcanzan a baía
de Baiona e praia América.
|
|
|
|
Restaurante
 |
| Os
salóns O
restaurante está composto de dous salóns independentes,
pero comunicados entre si. A súa capacidade é de,
aproximadamente, uns setenta comensais e está situado no
antigo alpendre do pazo. Restaurado co maior coidado, intentouse
manter a estética que posuía antano, e conserváronse,
por exemplo, as antigas columnas de pedra ou as vigas de madeira
no interior do restaurante. Independentemente do hotel, este restaurante
está deseñado para lles ofrecer o mellor servizo a
todas as persoas que, estando ou non hospedadas no pazo, queiran
saborear os pratos que alí se preparan.
Para as reunións e grandes acontecementos, o restaurante
pon en marcha un servizo de carpa exterior, situada ao lado dos
xardíns para gozar dun ambiente diferente. Tomar un aperitivo
ao aire libre, gozar do bo tempo, estar en contacto directo coa
natureza fai posible que os comensais gocen das vistas dunha forma
máis próxima á natureza.
Todos os pratos que se elaboran na cociña do restaurante
son típicos da zona e da cociña tradicional galega.
Mariscos da ría, peixes (rodaballo, peixe sapo...), carnes
galegas (cordeiro, tenreira, raxo de porco...) e verduras cultivadas
en Mañufe. Ademais, complementando estas delicias, está
a nosa ampla carta de sobremesas caseiras, legado dos nosos antepasados
e herdado de xeración en xeración (leite fritida,
filloas borrachas, filloas, torta de roxóns...), todo isto
elaborado como antano e regado cos nosos mellores viños.
Así é como facemos que o noso restaurante Pazo da
Escola sexa algo inesquecible para todo aquel que o visite.
|
|
|
|
O
contorno  |
| |
|
O
Pazo da Escola está rodeado, aproximadamente, duns 10.000
m² de terreo onde atopamos construcións típicas
de pazos: a eira de pedra, na que se moía o gran, agora convertida
nunha terraza onde descansar; o canizo, onde se gardaba o millo
recollido e, alí mesmo, no alto, un reloxo de sol.
Ao longo e ancho do terreo atopamos todo tipo de árbores
ornamentais, como camelias típicas de pazos, froiteiras (maceiras,
castiñeiras, nogueiras, ciroleiras, pereiras...) e cepas
de viño albariño. Tamén dispomos dun espazo
para albergar os diferentes tipos de animais —coellos, porcos,
galiñas, ovelas, cans, etc.) sen os que non sería
o mesmo, xa que estes animais conforman a nosa particular granxa.
E non hai que se esquecer da nosa horta, dedicada ao cultivo de
hortalizas.
A escasos metros, no exterior do terreo, está a igrexa e
o adro parroquial de San Vicente de Mañufe, motivo polo que
non hai capela no interior do pazo (típica construción
destas edificacións).
|
|
|