Na edificación principal, composta por 3 plantas, sitúase o hotel que conta con 8 habitacións de uso dobre. Todas as habitacións teñen baño propio, televisor, calefacción e aire acondicionado, 6 de elas están situadas na primeira planta e os dous restantes se atopan na planta baixo-cuberta. A habitación especial A Moreira posúe dúas plantas, na superior está a alcoba e na inferior o baño e unha sala de estar. Todas as habitacións están decoradas de forma diferente o que lle confire a cada unha sen características propias.
Ademais das habitacións, o hotel consta dunha gran zona de recepción que se corresponde coa antiga bodega do pazo, un comedor onde poden almorzar os clientes e outras 3 zonas comúns para estar, ler ou simplemente compartir espazo con outros clientes. A Lareira, antiga cociña do pazo, transformouse nunha pequena biblioteca, lugar que invita ao descanso e á lectura. Exteriormente, dúas das fachadas do hotel posúen grandes balcóns para descansar, pasear e observar as preciosas vistas ao xardín.